sábado, 14 de xaneiro de 2017

Resume da xuntanza do 14 de xaneiro de 2017

ACORDOS

1.
Compra de leite fresco a Manuel Ramos Garea: Acordamos mercar unha vez á semana. En principio, farémolo os luns ás 20:00 horas e procuraremos ir nun só coche. Aínda que o primeiro día nos atenderá persoalmente Manuel, a idea é que nos sirvamos directamente dun pequeno tanque con billa no futuro que nos terá el previamente preparado.

Procuraremos levar o importe xusto para pagar; o prezo é 1'60 €/litro, levando a botella. A botella deberá estar limpa e seca por razóns de hixiene. Das persoas que estabamos na xuntanza, quedamos en mercar 4 un total de 8 litros. Se algunha das persoas que non veu á xuntanza quere mercar leite, que se xunte con nós o luns; en caso de non poder ir, que o diga por WhatsApp e deixe as botellas previamente na tenda de Marisol (Muxica).

Tede en conta que o leite cru é un alimento delicado que debe estar refrixerado, polo que se vola traemos temos de dárvola en canto cheguemos a Melide. Para mercar, quedamos este luns, 16 de xaneiro, ás 20:00 horas diante da tenda Muxica. Iremos no mínimo número de coches necesario segundo a xente que esteamos. Quen veñades, procurade ser puntuais.

2.
Compras a Millo e Landras: Acordamos espaciar as compras e facelas, en principio, 2 veces ao mes. Quen queira mercar calquera produto de Millo e Landras terá que utilizar o formulario de Internet que o outro día nos facilitou Jorge Lama : Formulario

O primeiro pedido repartirase o luns 23 de xaneiro ás 20:00 horas, na granxa de Manuel, coincidindo coa compra de leite semanal. Enviaremos recordatorio esa semana por WhatsApp.

3.
Compra de aceite: Acordouse que Xosé conseguise o contacto para mercar directamente aceite de oliva virxe de primeira presión en frío, xunto cos prezos do produto e dos portes para mirar de facer un pedido conxunto. Cando saibamos algo, informaremos no grupo de WhatsApp.

4.
Hortalizas: Pedíuselle a Conchi e Luís que dediquen unha pequena parcela do seu invernadoiro de Folladela a cultivo 100% ecolóxico co compromiso de irlles mercando a produción a medida que a vaian tendo. En principio, pedímoslles que cultivasen espinacas, brócoli e cenorias para o grupo de consumo.

5.
Nova xuntanza do grupo de consumo: Será o venres, 10 de febreiro, ás 21:00 horas na Cafetaría Arraigos (antigo Vagalume no Cantón de San Roque).

sábado, 17 de decembro de 2016

Canal de Telegram para o grupo

https://telegram.me/GrupoConsumoMelide

Canal de Telegram, do Grupo de Consumo de Melide, onde os productores colgan información para a xente que forma parte do grupo.

Como é un canal, os únicos que poden poñer información son os propios administradores do canal (os productores), evitando así que se encha de outro tipo de información e sen necesidade de buscar entre outras mensaxes que non aportan nada.

Podedes acceder a este canal a través do enlace :
https://telegram.me/GrupoConsumoMelide

Grupo Consumo Melide